[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa segue a denunciar os enganos e mentiras do Goberno central co dragado da ría
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños denuncia, unha vez máis, o engano e mentira sobre a contratación do dragado da ría. Esta actuación afecta ao fondo da ría da Pasaxe e inclúe tamén a ampliación dos paseos marítimos que unirá os concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.
A reunión mantida o pasado venres entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, a Xunta de Galicia e os concellos de Cambre, A Coruña, Culleredo e Oleiros foi “unha nova tomadura de pelo”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane. O Ministerio esixe agora un certificado de dispoñibilidade dos terreos para poder contratar as obras cando os concellos xa puxeron a disposición do Estado todo o solo necesario, agás aqueles terreos nos que se atopan as concesións do dominio marítimo terrestres, competencia do propio Goberno non dos concellos. Tamén é alarmante que o Ministerio pida a paralización do marisqueo, cando na zona na que se vai facer o dragado non hai marisco.
“Non hai razón algunha para seguir retrasando o dragado da ría. Non se poden perder os cartos que se lograron xuntar ao longo destes tres últimos anos. Unha parte a aporta a Xunta cos fondos que ían para a depuradora de Santiago de Compostela, 24 millóns, e os outros 20 os poñía o Goberno central”, dixo García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]