Alternativa denuncia que o concello non conta con servizo de recollida de animais abandonados desde o ano 2018

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia que o concello non conta con servizo de recollida de animais abandonados desde o ano 2018

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o concello non conta con servizo de recollida de animais abandonados desde que Calvelo decidiu sacar a Arteixo do Consorcio das Mariñas.

A finais do ano 2017 cando Calvelo decidiu sacar definitivamente ao concello de Arteixo do Consorcio das Mariñas, argumentando que os servizos prestados polo consorcio non eran os adecuados nin os mellores para Arteixo e, que o seu equipo de goberno tiña un plan moito máis beneficioso para a cidadanía de Arteixo, supoñemos que non contaban con que nin tan sequera son capaces de contar cun servizo de recollida de animais abandonados. Entre outras cousas, coa saída do consorcio, o servizo de recollida de animais pasaba a ser competencia do concello.

Pois ben, desde o ano 2018 Calvelo e o seu equipo de goberno non foron quen de contratar este servizo. O non contar con servizo de recollida de animais abandonados provoca que haxa moitos animais abandonados deambulando por todo o municipio e, que moitos veciños con toda boa intención, boten comida na rúa para alimentalos. Pero, este bo xesto de solidariedade pode provocar efectos contraproducentes. Un destes efectos contraproducentes, é que nos últimos tempos podemos observar como en varios puntos do municipio hai moitas pragas de ratas que deambulan polas beirarrúas á beira das casas. Tamén, outros dos motivos que provoca a existencia destas pragas, é a abundancia de maleza que xa invade o municipio, en moitas ocasións os contedores desbordados e con mal cheiro e as beirarrúas con todo tipo e cantidade de sucidade.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!