Alternativa denuncia a publicidade engañosa do Goberno cambrés

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa denuncia a publicidade engañosa do Goberno cambrés

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Titulares falsos e información a medias enchendo os medios, fan destes un eco para as futuras eleccións en vez de un servizo informativo para a cidadanía. Por desgraza, non hai máis que dar unha volta polo municipio para ver o engano.

A protección do río Mero é nula, con traballos de mantemento fora de prazo ou o pouco control das empresas que os efectúa. Séguese a permitir a abundancia de eucaliptos e plumachos nos montes cambreses, así como talas de dubidoso control. Por non falar da desidia e abandono do río Gándara ou o Brexa.

Os roteiros que ensalzan a localidade presentan un estado de descoido total, tanto nas sinalizacións como nos propios percorridos.
Os lavadoiros, puntos referentes da historia do municipio e os seus habitantes, presentan un deterioro notable.

Cambre conta con poucos espazos naturais para que a xente desfrute do noso entorno. E deses poucos, temos como exemplo o parque das Gamelas, invadido pola maleza a maior parte do ano.

Alternativa critica este despropósito informativo que fai o goberno municipal e esixe unha maior veracidade para a veciñanza, así como un incremento dos esforzos para coidar o patrimonio municipal.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!