Alternativa de Cambre solicitará depuración de responsabilidades co polideportivo de Anceis
Alternativa dos veciños de Cambre pedirá no pleno de mañá depuración de responsabilidades ante as ilegalidades cometidas na xestión, construción e licenzas do polideportivo de Anceis.
O acto xudicial mencionou que se cometeron ilegalidades na construción, despois de citar ao Concelleiro de Urbanismo e a unha funcionaria por un presunto delito contra a ordenación do territorio. Despois que por parte da fiscalía provincial se remitiran indicios de este delito, e tamén o de prevaricación e falsidade documental.
O que queda claro con isto é que o goberno local actuou de mala fe, coñecendo que non se podería abrir a instalación ata que non se “legalizasen” todas as irregularidades cometidas. E segue obrando de mala fe ao culpar aos grupos da oposición da súa nefasta xestión urbanística do “ti vai facendo”.
-Alternativa chegou a Cambre cando o polideportivo xa levaba un ano construído e sen abrir.- afirma Raúl Varela voceiro do grupo municipal de Cambre.