Diseño sin título

Alternativa de Cambre solicita actividades para un ocio saudable da veciñanza

O goberno de Cambre leva poñendo de escusa a crise sanitaria para o bloqueo de diferentes actividades que enriquecen o tempo libre da veciñanza.

É competencia dos municipios facer políticas para a promoción do deporte e instalacións deportivas e a ocupación do tempo libre. A pesar de que isto se complicou coa situación sanitaria, o goberno cambrés o está a empregar tamén como escusa para ter tanto as alternativas para o tempo libre, como as instalacións deportivas cun abandono e “deixadez”. Porque si, efectivamente houbo momentos en que as medidas restritivas o impediron, tamén houbo outros momentos nos que se tratou dunha cuestión de vontade política. Pódese ver agora que deron comezo algunhas actividades para a mocidade, cando as restricións na actualidade non son menos restritivas que noutros momentos deste longo ano.

Alternativa, novamente insistirá en demandar previsión e planificación das políticas para o fomento do deporte e vida saudable, de participación activa da veciñanza, o achegamento da cultura, favorecer a práctica de diferentes disciplinas deportivas e alternativas para un ocio e tempo libre saudable.

Novas relacionadas