Alternativa de Cambre demanda melloras no asfaltado de Bandebo
Veciños e veciñas de esta zona situada na parroquia de Brexo-Lema trasladaron o seu descontento polo estado do firme das estradas municipais da zona.
As cesións de propiedades feitas ao Concello levan anos sen ser urbanizadas o que está facendo deteriorarse o asfaltado que xa existía previamente. Noutros puntos tamén hai pequenas fochancas que irán a máis se non se amañan a tempo.
A veciñanza da zona se queixa de que o Concello está informado da situación, pero son anos de espera a solucións.