Alternativa de Cambre critica a pouca transparencia sobre os orzamentos participativos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre critica a pouca transparencia sobre os orzamentos participativos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O goberno municipal non deu contestación ás tres peticións emitidas a través do rexistro municipal para acceder a información relativa ao programa de orzamentos participativos “Decidámolo Xuntos”.

Dende o 28 de agosto de 2020 que se demandou a información por primeira vez ata o pasado mes de marzo a resposta foi o total silencio por parte do goberno municipal.
Motivo polo cal, Alternativa cuestionou no pleno de onte tal escurantismo. A concelleira delegada despachou a contestación afirmando que a información está na páxina web municipal.

Contestación que novamente non resposta as demandas feitas nas que se solicitou o total das propostas feitas pola veciñanza nas últimas edicións do programa, cales de estas foron as iniciativas gañadoras, as que foron executadas e as que non foron executadas por cales motivos.

Mencionar tamén que aínda que Alternativa de Cambre presentou unha proposta na edición do 2020, esta non está reflexada na páxina web. Un motivo máis que pon en cuestión a fiabilidade destes orzamentos participativos.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!