XIRA

Alternativa de Cambre celebra que por fin vaia haber beirarrúas na Xira

As beirarrúas da Xira atopábanse sen realizar porque o Goberno municipal non aportaba os terreos para a súa construción. Esa era a condición estipulada pola Xunta ao Concello de Cambre para abordar esta importante obra de mellora da seguridade viaria do municipio.

Alternativa dos Veciños celebra o cambio de actitude do Goberno municipal en relación á construción de beirarrúas na Xira. O compromiso do Concello de proceder á expropiación dos terreos necesarios para esta obra vai permitir que sexan unha realidade.

Non se pode poñer o carro antes que os bois, nin se pode botar a culpa á Xunta de Galicia cando o Concello de Cambre incumpría a súa parte. O paso que acaba de dar o Goberno en relación a este asunto pon de manifesto que esta situación podería terse resolto con anterioridade.

Novas relacionadas