fb

Alternativa de Bergondo solicita a mellora da estrada As Angustias-Bergondo

Alternativa dos Veciños de Bergondo vai presentar no próximo pleno municipal unha moción para que o Concello demande da Xunta as melloras de seguridade viaria na estrada AC-161. A principal e máis necesaria sería a reconstrución das conducións de augas pluviais da estrada, para, a continuación extender unha nova capa de aglomerado sobre a mesma.

Tamén sería de grande utilidade contemplar, no mesmo proxecto, medidas correctoras para contribuír a reducir a velocidade dos vehículos que circulan pola vía. Son múltiples as queixas de residentes na zona debidas ás altas velocidades dos turismos e motocicletas. Ademais, tería que facerse unha redistribución ou reformulación dos puntos da estrada susceptibles de poder acoller pasos seguros de peóns.

Alternativa de Bergondo suxire que se estude, por parte da Consellería, a posibilidade de habilitar unha senda peonil que una, por esta mesma estrada AC-161, os lugares de Miodelo en Bergondo e Bellavista/As Angustias en Betanzos. O modelo a imitar podería ser o que xa existe na AC162 (entre San Cidre e Tatín). Modelo que permite a circulación segura de peóns e ciclistas.

Novas relacionadas