arq

Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno municipal unha solución para a rúa Arquitecto Pedro De Monteagudo

Alternativa dos Veciños, atendendo a petición achegada por números veciños e despois de valorar a situación, solicita ao Goberno municipal que busque unha solución para a Rúa Arquitecto Pedro De Monteagudo, xa que coa circulación en dobre sentido e os coches aparcando a ambos os dous lados da rúa, cáusanse continuos atascos e situacións perigosas tanto para os vehículos como para os peóns.

“A solución pasa por prohibir que os coches poidan aparcar a ambos os dous lados da rúa, ou ben por convertela nunha rúa de sentido único. Pero, o que queda claro é que é necesario e urxente buscar unha solución aos problemas de circulación e seguridade viaria que existen na Rúa Arquitecto Pedro De Monteagudo” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

Novas relacionadas