Alternativa de Arteixo reunirase o mércores coa Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo reunirase o mércores coa Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reunirase o vindeiro mércores coa Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón para tentar buscar unha solución ao problema de aparcamento dos camións que chegan ao polígono. Alternativa entende que existe un grave problema de aparcamentos para os camións que chegan ao polígono. Ademais, este problema tamén está a afectar á veciñanza do Rañal, xa que os camións aparcan á beira das vivendas e os ruídos que provocan cáusalles problemas a veciñanza para poder descansar. Tamén, cando os camións realizan xiros nesta zona onde non contan con espazo suficiente para manobrar, provocan danos nas vivendas.

“Todos entendemos que os camións cando chegan teñen que estacionar nalgún punto, pero o que tamén debemos entender é que como consecuencia de que o polígono non conte con suficientes zonas de aparcamento para vehículos pesados, estes non poden estacionar en zonas residenciais e prexudicar a saúde dos veciños e as súas propiedades. Débese dialogar con todas as partes implicadas e buscar unha solución a este problema” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Tras o peche da parcela da báscula, os camioneiros aínda o teñen máis complicado para poder estacionar. É por iso, que se debe buscar unha solución a este grave problema na maior brevidade posible, xa que os camións teñen que chegar ao polígono e ter onde estacionar. É imprescindible unha zona de aparcamento para vehículos pesados” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!