Alternativa de Arteixo esixe ao Concello que controle á empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo esixe ao Concello que controle á empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Arteixo esixe ao equipo de Goberno que controle a situación da empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar despois de que solicitase un ERTE con carácter retroactivo sen previa negociación co concello.

Sabemos que durante esta crise de emerxencia sanitaria a carga de traballo viuse recortada xa que moitos usuarios déronse de baixa do servizo. Pero, en Alternativa dos Veciños consideramos que a solicitude deste ERTE puido evitarse se empresa e concello tivesen unha boa comunicación, estudasen a situación e buscasen outras alternativas.

Agora, coa normalización da situación, o concello debe controlar e vixiar á empresa para garantir o servizo e os postos de traballo. Para Alternativa dos Veciños é primordial a calidade de vida e o benestar das persoas maiores. En todos os concellos existen situacións concretas e individualizadas que motivan a necesidade dunha serie de servizos de atención persoal, flexible, de proximidade, en definitiva unha atención que cubra todos os ámbitos para que os nosos maiores poidan vivir con dignidade.

As políticas de benestar social son o compromiso de Alternativa dos Veciños cos nosos maiores e coas súas familias.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!