Alternativa de Culleredo denuncia o deficiente funcionamento do rexistro electrónico do concello de Culleredo
Alternativa dos Veciños de Culleredo reclama que non se dispoña dun rexistro dixital en condicións. Esta situación agravase na situación actual xa que o Rexistro presencial, está limitado en tempo e con cita previa, “aconsellando” que se faga uso do servizo telemático.
O voceiro de Alternativa dos Veciños, Eduardo Mourelle, afirma: “Non podemos esixir que a veciñanza faga uso dun servizo, cando o propio concello non é capaz de garantir o seu correcto funcionamento “
Acatando a orde de que determinadas xestións deben tramitarse telemáticamente, dende o Concello de Culleredo instouse tanto a veciñanza, como grupos políticos, ó uso “exclusivamente” do Rexistro telemático. Pero chegada á hora de ser empregado non funciona adecuadamente.
Alternativa demanda que se abra o rexistro presencial pechado dende o 14 de marzo para facilitar as xestións da veciñanza.