especuladores

Alternativa de Culleredo pide ao Concello que se poña de lado das familias e non dos especuladores

O Concello de Culleredo non debe colaborar coa tramitación urbanística duns promotores que deben diñeiro ás veciñas e veciños de Vilaboa desde hai 23 anos.

As persoas que eran propietarias das fincas cedéronas na confianza de recuperar o seu valor en pisos unha vez se construísen, pero a promoción non se deu feito e as familias síntense estafadas ata que lles compensen os seus dereitos, tal como demandaron nos tribunais, de momento sen resultado.

Alternativa dos Veciños, como outros grupos da oposición municipal, solicitou que o Goberno municipal free a tramitación desa urbanización ata que os veciños consigan o valor das súas propiedades, usurpadas con malas artes en 1999. De non ser así, enténdese que o Concello está a ser un socio necesario para que os especuladores continúen coa súa folla de ruta apoiados nas propiedades que as familias lles confiaron.

Novas relacionadas