Alternativa cuestiona que o orzamento non foi executado na súa totalidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa cuestiona que o orzamento non foi executado na súa totalidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Onte se celebrou un pleno extraordinario para aprobar as contas do pasado 2019, que parecen arroxar datos positivos, pero o certo que un porcentaxe das partidas económicas non foron executadas.

Son moitas as partidas comprometidas e non executadas no transcurso do ano. Nin alcantarillado, pavimentación, tampouco alumeado público ou programas de xuventude. Para outras accións non se cumpre o importe comprometido. -Así é sinxelo aforrar-.

Se xera superávit, a pesar de ter diminuído os ingresos, posto que cos cartos están no banco para que o goberno municipal poida saír na foto presumindo de aforrar, pero a realidade é que non se melloraron moitos dos servizos para a veciñanza. O orzamento municipal é para inverter na veciñanza.

No documento atópanse tamén 657 mil euros de facturas pendentes de pago… Ante isto nos preguntamos de cando son? Porque non foron pagadas? Quen son as vítimas de esta nefasta xestión?

Por outro bando resulta chamativo que no mes de decembro xa foron aprobados os orzamentos para o vindeiro ano, cando aínda no mes de xaneiro se están a aprobar as contas do 2019. -Un exemplo máis da xestión do goberno municipal-

Alternativa dos Veciños abstívose na votación despois de que estas preguntas non foran contestadas para os grupos, pero tampouco para toda a veciñanza que sigue en directo as sesións plenarias.

Destacar tamén a desaprobación por parte deste grupo municipal, ante a desorganización e pouca previsión á hora de desenvolver o pleno de xeito telemático, que por problemas técnicos tivo que ser cancelada a convocatoria das 13.15 horas para volver a convocar unha sesión presencial ás 20 horas.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!