[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños pretende eliminar a débeda deixada polo Partido Popular para poder investir en máis obras e servizos para Carral. “Queremos que os cartos do pobo se gasten no pobo”, dixo o candidato Javier Gestal.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]“Prometemos mellorar a situación financeira do Concello e o conseguimos. Cando entramos fixemos publico a lamentable situación económica. A situación empeorou, xa que tivemos que facer fronte á demanda dos terreos do IES de Carral, da débeda do Consorcio das Mariñas, o tema de Varinca, etc. Mais aínda así fomos quen de liquidar o 58% da débeda en catro anos. Gracias a isto o Concello de Carral xa pode afrontar obras e chamar á porta das entidades bancarias ca seguridade de que podemos afrontar as nosas obrigas”, dixo o candidato.
“Si saneamos as contas, pagamos as débedas, aumentamos as partidas e os servizos está claro que antes ou non se xestionaba ben ou non entendemos a onde foron os cartos”, comentou.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]