Alternativa continúa a demandar un impulso para o dragado da ría
Alternativa dos Veciños continuará a criticar e pelexar polo dragado da Ría do Burgo, ata que este sexa unha realidade.
Hai unha semana o presidente Feijoo demandou unha reunión entre a Consellería de Medioambiente e as Concellerías de Obras Públicas e Pesca da Xunta de Galicia. Os técnicos destas Administracións discrepan, e é preciso un acordo para iniciar o proceso de contratación do dragado da ría do Pasaxe. Polo que esta reunión resulta de crucial urxencia e importancia, xa que hai a financiación por parte de Fondos Europeos e tamén Estatais e non se pode perder.
Lamentablemente estase a deixar unha decisión aos técnicos, o que debería ser unha decisión política, porque son máis de 20 anos sen facer realidade a recuperación da Ría.
O Goberno Municipal do Concello de Oleiros, colocará un novo cartel na Ponte Pasaxe co seguinte lema: “Podemos ou non Podemos. Dragado da Ría do Pasaxe.”