[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa apoia a concentración convocada na Coruña pola paz para Ucraína
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños fai un chamamento a participar na concentración convocada para este domingo na Coruña para reclamar unha saída negociada e lograr a paz de Ucraína. O acto será ás 12:00 horas no Obelisco e está promovido pola Rede Acampa pola paz e dereito a refuxio.
Alternativa dos Veciños condena de maneira rotunda a invasión de Ucraína por Rusia e manifesta toda a súa solidariedade coas persoas que están a sufrir as terribles consecuencias do enfrontamento armado. O pobo ucraíno ten dereito á paz e a decidir libremente o seu futuro, sen agresións militares nin inxerencias interesadas en espoliar os seus recursos naturais.
O presidente ruso Vladimir Putin é o máximo responsable desta invasión, coa que está a vulnerar os principios da paz e seguridade internacionais recollidos no capítulo I da Carta das Nacións Unidas. Ante este afán expansionista do Kremlin só cabe a condena enérxica de todos os cidadáns concienciados e comprometidos co dereito á liberdade, á democracia e á soberanía dos pobos do mundo.
En ningún caso a solución deste conflito pasa por unha escalada bélica na que participen terceiros países, nin moito menos por unha maior dotación de armas que acabarán por recruar aínda máis os enfrontamentos. Agora máis que nunca é preciso alzar a voz con forza para reclamar diálogo e unha saída negociada para o conflito, escoitando ás partes e dentro do marco do dereito internacional.
Os intereses bastardos de nacionalistas, imperialistas e oligarcas dun e doutro lado do Atlántico, e o seu afán desmedido de poder e riqueza, están a causar un sufrimento horrendo no pobo ucraíno, con centos de mortes de inocentes e máis dun millón de persoas refuxiadas. Os pobos son sempre os que acaban pagando o prezo das guerras dos poderosos.
Igual que apoiamos e reclamamos a paz para Palestina, Sáhara Occidental, Siria, Afganistán, Somalia, Libia, Iemen… e todos cantos pobos son agredidos por invasións e inxerencias imperialistas, tamén estamos co pobo ucraíno. Non á guerra! Si á paz!
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]