[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa celebra a licitación da obra da rotonda na Chasqueira
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A Deputación da Coruña sacou a contratación por importe de 579.089,06 euros a obra de construción dunha rotonda no punto no que conflúen as estradas Iñás-Pravio e San Pedro de Nós-Cecebre. Alternativa dos Veciños solicitara esta obra en varias ocasións á Deputación, por tratarse dun punto negro na circulación da comarca.
“Como deputado provincial demandara esta rotonda no pleno da Deputación en varias ocasións. Estamos a falar dun cruce moi perigoso, onde houbo moitos accidentes. Polo tanto é unha gran noticia para o conxunto da comarca”, dixo o deputado provincial Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]