Alternativa de Cambre vixiante ante o anuncio do novo parque canino

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre vixiante ante o anuncio do novo parque canino

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A petición xa foi unha das gañadoras dos orzamentos participativos do 2021. Pero dende o Alternativa criticase a previsión da súa execución para inicios do 2023. O que considera data moi oportuna de cara as eleccións municipais.

Destinase un orzamento de 12.000 euros, o que se pode considerar unha obra relativamente pequena para a que a veciñanza tivo que esperar anos, xa que se trata dunha necesidade que ven de lonxe dado o gran número de cans que vive na zona, e as mínimas zonas verdes ou recreativas que existen.

Anúnciase como o terceiro parque canino do concello, cando na practica hai escasamente 600m2 arredor duns depósitos de gas na Barcala. O outro parque ao que se fai referencia e unha zona verde xa existente preto do colexio Portofaro, onde se puxo un cartel, pero nin está cerrado, nin ten fontes, nin zonas de xogo…

“Dende Alternativa estaremos vixiantes porque consideramos que un parque canino non é adecentar un cacho de herba e poñerlle un cartel. E máis coas necesidades existentes no Temple”, afirma Raúl Varela voceiro do grupo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!