Alternativa de Cambre insiste na mellora da seguridade peonil da estrada de Pravio a Cambre

wc

Alternativa de Cambre insiste na mellora da seguridade peonil da estrada de Pravio a Cambre

A estrada AC-214 conta con dous pasos de peóns na parroquia de Cambre de dubidosa seguridade. Aínda que o Goberno local non os inclúe como puntos negros o certo é que se trata de zonas onde hai unha deficiente visibilidade.

Un dos puntos é no cruce que dá acceso á Biblioteca Central de Cambre e o outro na mesma vía. Ambos non contan coa iluminación precisa na noite e o pintado está moi deteriorado, a pesar de ser unha vía na que os vehículos circulan normalmente por enriba da velocidade sinalada de 40 km/hora.

Ante a campaña de repintando de varios puntos no municipio para mellorar a seguridade, Alternativa insiste en non esquecer a mellora destes puntos.

Novas relacionadas