[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Bergondo desminte a desinformación do PP e informa dos proxectos de arranxo de camiños en Cortiñán
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A.V recomenda á veciñanza de Cortiñán que pregunte ao goberno local polos proxectos aprobados para esa parroquia, en vez de fiarse das consignas desenfocadas, alarmistas e demagóxicas do actual PP do señor Fafián.
Alternativa dos Veciños de Bergondo informará gustosamente a calquera veciño ou veciña da parroquia de Cortiñán respecto dos plans do goberno municipal no que atinxe á pavimentación de camiños municipais nesa parroquia, toda vez que dende a nosa formación e dende o goberno municipal se contempla con certa preocupación a irresponsable campaña do actual PP do señor Fafián, conducente a sementar nesa parte do noso municipio a sensación de agravio ou abandono con relación a outras partes do concello. Os datos -de sobra coñecidos polo actual PP do señor Fafián- non son manipulables e os proxectos aprobados para os camiños de Cortiñán non admiten discusión. En esencia:
– Tres proxectos de pavimentación de camiños, aprobados ou en execución, contemplan actuacións nesa parroquia.
– O desglose expresado en metros lineais de aglomerado de camiños en Cortiñán deses tres proxectos recolle as seguintes cantidades:
1- 1457 m/l
2- 1849 m/l
3- 5592 m/l
– A suma desas cantidades, expresada en quilómetros, arroxa un total de 8,898. É dicir, as actuacións aprobadas prevén renovar por completo case 9 quilómetros de camiños municipais na parroquia de Cortiñán.
– Os traballos previstos chegarán de xeito escalonado, atendendo ao diferente ritmo de tramitación dos proxectos especificados. A previsión é a seguinte:
Proxecto 1, 1457 m/l, antes de 2 meses.
Proxecto 2- 1849 m/l, antes de 6 meses.
Proxecto 3- 5592 m/l, antes de 12 meses.
– As previsións anteriores están fortemente condicionadas polas acometidas de saneamento pendentes nas vivendas existentes neses camiños. A determinación do goberno municipal neste sentido é a mesma que vimos aplicando nos últimos anos; que todas estean realizadas antes de pavimentar, para evitar ter que romper o asfalto a posteriori.
– Animamos á veciñanza de Cortiñán que aínda non se conectou á rede de saneamento municipal a que tramite as solicitudes canto antes. E non só para axilizar todo o posible os asfaltados, senón porque a conexión ao saneamento constitúe unha obriga legal por si mesma. Se o actual PP do señor Fafián quere contribuír en algo a aquilo que supostamente pretende defender debería animar á veciñanza de Cortiñán tamén neste sentido.
– Nos próximos meses, antes de que se asfalte, xeraranse molestias para a veciñanza. Será necesario abrir zanxas para todas as acometidas de saneamento pendentes. Pero eses traballos i esas molestias son inevitables e imprescindibles. Esta é a verdade. Mais cando todos os traballos rematen, a rede viaria municipal en Cortiñán pasará a ser simplemente excelente.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]