Alternativa avoga por reforzar departamentos básicos do Concello de Bergondo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Citaremos tres exemplos fundamentais do que dicimos:

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

  • Arrastramos un problema tremendo no que respecta á concesión de licenzas de obra maior. O técnico encargado está completamente superado pola montaña de expedientes que ten para informar. Fai meses solicitámoslle á actual alcaldesa a opción de contratar a unha asesoría técnica externa (como fan outros concellos en situacións similares) para axudar a “desatascar” o problema. A alcaldesa non aceptou. Esa é a realidade. Cando cheguemos á alcaldía tomaremos cartas no asunto, porque a tardanza extrema na tramitación destes expedientes atenta contra a cidadanía de Bergondo ou contra aquelas persoas que veñen de fora e pretenden facer ou rehabilitar unha vivenda en Bergondo.

 

  • Formaremos unha brigada de obras e servizos municipal en condicións. Non podemos seguir con un número tan reducido de efectivos nunha parte tan importante no día a día dun concello. Sirva como exemplo o feito de termos tan só dous xardineiros para atender todo o concello. Tampouco temos un albanel en plantilla. Todos os días do ano xorden multitude de pequenos arranxos, obras de pouca entidade, reparacións, bacheos, mantemento de beirarrúas e a súa limpeza… e un longo etcétera de situacións que requiren un mínimo de persoal para poder atendelas con axilidade e eficacia.

 

  • Tamén existe saturación no departamento de Servizos Sociais. É preciso reforzalo canto antes.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!