a1

Alternativa de Arteixo recolle centos de firmas para mellorar o servizo de pediatría

Alternativa dos Veciños de Arteixo está a recoller centos de firmas para demandarlle á Xunta de Galicia e ao Sergas servizo de pediatría en horario completo para os tres centros de saúde do Concello de Arteixo e un pediatra para o PAC de Arteixo.

Os recortes e precariedade imposta no sistema sanitario público de Galicia polo Goberno autonómico están a provocar graves carencias na atención e na prestación deste servicio público. Nin os nosos nenos e nenas están a librarse das gravísimas carencias de recursos técnicos e sobre todo humanos. No Concello de Arteixo, os centros de saúde de Vilarrodís e Meicende teñen que compartir o servizo de pediatría, deixando sen cubrir o servizo de maneira alterna.

Por iso, Alternativa dos Veciños puxo en marcha unha campaña de recollida de firmas para demandarlle á Xunta de Galicia e ao Sergas servizo de pediatría en horario completo para os tres centros de saúde do Concello de Arteixo e un pediatra para o PAC de Arteixo.

As firmas serán entregas en ambas administracións esta semana. O coordinador e a representante local de Alternativa en Arteixo tamén enviaron unha solicitude de reunión con carácter urxente a atención do xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luís Verde Remeseiro. Esperan ser recibidos esta mesma semana.

Novas relacionadas