Alternativa de Arteixo denuncia a incapacidade do Goberno Municipal para resolver os problemas do Rego da Ranqueira

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo denuncia a incapacidade do Goberno Municipal para resolver os problemas do Rego da Ranqueira

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia a incapacidade do Goberno Municipal para resolver os problemas de inundacións no lugar de Santaia que proveñen do Rego da Ranqueira. Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o equipo de goberno, nunha reunión mantida o luns con veciños afectados, volveu mostrar un total desinterese por solucionar os problemas existentes co Rego da Ranqueira, que no inverno como consecuencia do aumento do caudal provoca inundacións nas vivendas dos veciños do lugar de Santaia, en Chamín.

“Atendendo á actitude do Goberno Municipal, todo parece indicar que un inverno máis os veciños e veciñas de Santaia terán que seguir sufrindo inundacións nas súas vivendas. En Santaia residen moi poucos veciños e xa todos sabemos cal é a forma de proceder do actual equipo de Goberno, que non lle interesan en absoluto os problemas e necesidades nos lugares onde hai pouca poboación. Este equipo de goberno é máis de facer grandes edificios nas parroquias de maior poboación, que logo na maioría dos casos non se lles dá utilidade e permanecen pechados” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“É totalmente incomprensible e totalmente indecente a forma de proceder do actual equipo de goberno, que se dirixe e trata a todos aqueles veciños que non comparten as súas decisións ou políticas coma se fosen delincuentes ou terroristas. Os veciños e veciñas de Arteixo empezan a estar cansos das actitudes e faltas de respecto do Goberno Municipal, xa que os membros do Goberno trata á veciñanza de defenden os seus dereitos coma se fosen escoria, mesmo, chegando a dicirlle a estes que non necesitan os seus votos para seguir gobernando en Arteixo” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!