Alternativa denuncia a falta de asistencia durante o apagón en Anxo Senra

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O apagón en Anxo Senra evidencia as deficiencias no contrato de iluminación en Culleredo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O grupo municipal de Alternativa dos Veciños advirte de que a empresa INSTELEC, concesionaria do alumeado público, non presta o servizo de asistencia 24 horas que ten recollido por contrato.

O descontento veciñal ven de crecer nesta última semana en Culleredo tras o apagón sufrido na rúa Anxo Senra, no Burgo. Moitos veciños trasladaron o seu malestar ao grupo Alternativa dos Veciños pola falta de resposta tanto do Concello como da empresa encargada de prestar o servizo por contrato, INSTELEC S.L. Segundo o prego deste contrato, a empresa ten un servizo de asistencia 24 horas, pero durante o apagón sufrido en Anxo Sera e a pesares das chamadas das veciñas e veciños, ninguén na empresa deu resposta nin telefónica nin de ningún outro tipo ás persoas afectadas. Deste xeito e unha vez máis foron os veciños e veciñas os penalizados por un servizo deficiente que se ven dando desde hai tempo e que xa foi denunciado por este grupo.

Desde Alternativa dos Veciños esiximos un control e seguimento moito máis riguroso dun contrato que non está a ser cumprido, posto que non se está prestando un servizo axeitado para o municipio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!