[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños afea ao Goberno de Carral a xestión de costas á veciñanza
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños denuncia o despilfarro do Partido Popular en Carral en asuntos que non teñen que ver coas necesidades reais da veciñanza.
Desde Alternativa dos Veciños propoñemos unha nova realidade para un Carral preocupado pola súa xestión municipal. Daremos prioridade as necesidades da veciñanza: políticas orientadas ao benestar da terceira idade, á empregabilidade, ao ocio e formación da xuventude e ao desenvolvemento urbanístico amable e ordenado do municipio. Carral estivo gobernado de costas á veciñanza. Houbo despilfarro de cartos en actuacións anunciadas por todos os medios que non serviron máis que para empeorar a situación. Precisamos unha política seria coa xestión dos cartos de todas as persoas. Alternativa, con Javier Gestal á cabeza, preséntase en Carral como garante do interese xeral fronte ás políticas caciquís.
O martes 21 teremos o encontro coa veciñanza no local social de Quembre ás 20 horas. O mércores 22 continuaremos falando coa xente nun encontro no local social de Sumio ás 20 horas da tarde.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS CARRAL[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]