O alcalde de Oleiros pretende evitar os atrancos entre Xunta e Goberno para a contratación do dragado da ría

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros pretende evitar os atrancos entre Xunta e Goberno para a contratación do dragado da ría

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, dirixiuse á Xunta de Galicia para que entreguen ao Ministerio de Transición Ecolóxica os certificados reclamados polo Goberno central para a contratación do dragado da ría da Pasaxe. Desta maneira, o Concello de Oleiros pretende desbloquear esta contratación que neste momento está paralizada, malia existir os recursos económicos necesarios.

O pasado venres o Concello de Oleiros recibiu unha carta da ministra Teresa Ribera na que se adxuntaba a contestación remitida á Xunta de Galicia en relación con este asunto e os certificados que facían falta. A Vicepresidenta falaba de que o retraso na contratación débese á Xunta, porque a lei de contratación obriga a garantir a dispoñibilidade dos terreos e o cese do marisqueo, que non sería posible realizalo con posterioridade á adxudicación como pretendía a Xunta. Segundo o Goberno a paralización do marisqueo debe ser anterior á licitación.

“Esta situación preocúpame moitísimo, porque é un peloteo dun lado para outro. A eliminación de autorizacións para o marisqueo debe facelas a Xunta, que ten as competencias de pesca. Como alcalde, intentarei realizar todas as xestións necesarias para que a Xunta entregue ese certificado que lle está valendo de escusa á ministra para non contratar as obras, e deixalos así sen coartada”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

A non contratación desta obra ao longo deste ano implicaría a perda dos fondos europeos que aportaría a Xunta de Galicia, inicialmente previstos para a depuradora de Santiago de Compostela. O Goberno central aportaría 22 millóns e a Xunta 24 millóns.

“Tamén vou comunicarme cos responsables do BNG que foi, por certo, o partido que máis fixo neste aspecto pola defensa da ría, para que o deputado Néstor Rego inclúa dentro das negociacións que está a ter en Madrid a contratación desta obra. Hai cartos para poder abordala, polo que o único que falta é vontade para contratala”, comentou García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!