Numerosas actividades para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros organiza numerosas actividades durante todo o mes para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Ademais dos programas que se levan a cabo ao longo de todo o ano, o Concello de Oleiros organiza diversas actividades no mes de marzo para reivindicar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e o dereito a vivir sen violencias. Alternativa dos Veciños aspira a acadar un compromiso activo de toda a cidadanía que redunde na eliminación da discriminación laboral, económica e social das mulleres.

A actividade máis inmediata será o vindeiro xoves día 7 de marzo. O auditorio da Fábrica acollerá a véspera do 8-M, ás 20:00 horas, unha mesa redonda para falar sobre feminismo e os cambios e mobilizacións que se están a producir na sociedade.

Nas bibliotecas públicas municipais tamén se vai levar a cabo unha extensa programación. O xoves día 14, ás 20:00 horas, haberá un concerto nas Torres de Santa Cruz a cargo de Vintage Dúo. Ademais todas as bibliotecas acollerán exposicións relacionadas co feminismo.

Nos centros de ensino público, ademais dos obradoiros do Programa de educación para a igualdade que desenvolve o Concello en todos os colexios e institutos, realizaranse varios concursos entre o alumando de primaria e secundaria para que a mocidade tome conciencia das ideas e estereotipos sexistas que se transmiten na nosa sociedade a través dos medios, das redes e da música. O obxectivo destas actividades é fomentar o posicionamento crítico ante os contidos discriminatorios, o machismo encuberto e os estereotipos sexistas.

Os corpos de seguridade de Oleiros, tanto Policía Local como Garda Civil, así como ao persoa de Servizos Sociais recibirán unha formación para as actuacións a realizar en situacións de crise con vítimas de violencia de xénero.

Van desenvolverse tamén un conxunto de actividades específicas, dirixidas principalmente a mulleres, baixo o nome de A Porta Violeta. Traballaranse aspectos como o empoderamento consciente e o benestar emocional cunha perspectiva de xénero.

Outras das actuacións previstas para o mes de marzo é unha campaña informativa sobre a endiometrose. O Concello de Oleiros quere divulgar entre veciños e veciñas este problema de saúde que afecta ás mulleres e quen ten uns efectos que implican un enorme desgaste psíquico e emocional a quenes a padecen.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!