O Concello de Carral conta cunha EDAR (Estación depuradora de augas residuais) “Edar do Quenllo “ que foi instalada nos terreos aledaños o Rio Brexo e foi construida pola Xunta hai 19 anos. Dita Edar recibe as augas da poboación urbana de Carral e tamén de Tabeaio-Sergude-Gosende e Corpo Santo e o Polígono Industrial Os Capelos.
O vertido do Edar realizase ó río Brexo, coñedido como río da Brexa, que desemboca no río Mero, río principal da ría do Burgo, a cal acaba de ser drenada recentemente para a sua recuperación ambiental. Esta Edar presenta serios problemas de explotación motivados por unha tecnoloxía de tratamento mal seleccionada , incapaz de facer frente a variabilidade tanto en caudales como en carga contaminante dos caudais afluentes , isto fai que a Edar do Quenllo verta a auga tratada con calidades inferiores as esixidas, sendo recurrentes as denuncias ó Concello por parte de Augas de Galicia.
Ademais esta Edar queda pequena para os caudais de afluentes actuais; o Concello de Carral conta cunha poboación de case 7.000 habitantes que se verá incrementada en gran medida nos próximos dous anos, pola habitabilidade das multiples vivendas que, gracias a que coa boa xestión do equipo de Goberno local de Alternativa dos Veciños de Carral, conseguiuse reactivar as obras dos esqueletos urbanisticos.
O equipo de Goberno local de Alternativa dos Veciños de Carral en data 16 de xullo de 2024 reuniuse co Director de Augas Don Roi Fernández Añón e co Xerente de Augas e transmitimoslles a problematica da Edar. Esa Edar costa mais de 4 millóns de euros poder sustituila por outra e un concello como é o caso de Carral , non dispón deses cartos para poder executar dita obra, nesa reunión comprometeronse a contestarnos por correo, nunca chegou a resposta.
En data 6/8/2024 , 17/9/2024, 4/6/2025 envioúselles escritos para que tomasen medidas e asumisen a xestión da Depuradora e buscasen unha solución. En data 21 de Xullo 2025 e 23 de xullo do 2025 respectivamente, o equipo de Goberno de Alternativa solicitou reunión con Roi Fernandez Añon e con Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente, a día de hoxe non se obtivo resposta algunha.
A Xunta vanagloriase e publica en xornais e redes sociais, destinar millóns de euros noutros Concellos para ampliar depuradoras como é o caso de Vilagarcía de Arousa, construcción de novas depuradoras como é o caso da nova estación depuradora de Santiago , a de Barro… e no caso do Concello de Carral, tratandose un caso de interés de saúde publica, de suma gravidade e reclamado dende hai anos non ten a ben facer ningún tipo de xestión.
Instamos a Xunta de Galicia a que tome medidas urxentes co Edar do Quenllo e proceda a buscar solucións con carácter de urxencia, que invirta o que sexa necesario no noso Concello e proceda a instalar unha depuradora eficiente, en definitiva que cumpla coas suas obligacións.