A veciñanza amosa descontento co plan para o parque Ramón Barba

RAMON BARBA (1) (1)

O goberno municipal volve a anunciar o plan para o parque Ramón Barba onde o pavimento será o protagonista, sendo este o único reduto verde do Temple.

Dende Alternativa recibimos varias queixas da preocupación veciñal ante a publicidade de dita actuación. “ Proxéctase un anfiteatro e agora súmanse tamén instalacións para deportes urbanos. Onde queda o verde?”, reclama o partido.

“As instalacións deportivas e culturais son moi necesarias, pero non a costa de danar un enclave verde no núcleo máis urbano do municipio”, afirma Raúl Varela. Por outro lado, tamén avoga “polo progreso que suporía abrir novas vías de esparcimento para a veciñanza do Temple, como é a petición deste grupo municipal de darlle continuidade ao paseo marítimo da ría do Burgo para conectar con Oleiros”.

Esta última iniciativa sería “non primar o cemento”, nunha parroquia que Alternativa dos Veciños considera “máis que cementada”.

Novas relacionadas