A aprobación da Modificación de Crédito da luz verde a varias propostas de Alternativa

Alternativa votou a favor dunha modificación de crédito de 7,9 millóns de euros en investimentos, que inclué algunhas das actuacións reclamadas polo grupo.

O voto a favor supón un avance en demandas do grupo como a renovación en instalacións deportivas de Sésamo, Alvedro ou Fonteculler, a mellora nas cubertas dos polideportivos, saneamento en diferentes parroquias ou obras de mantemento en centros escolares e conservatorio de música.

Dende Alternativa valoramos positivamente o consenso acadado e as incorporacións de todos os grupos ao expediente. Así mesmo, destacamos o compromiso adquirido polo alcalde de presentar os orzamentos para o 2026 no mes de xaneiro.

Alternativa fará unha fiscalización continúa da execución de todas as actuacións incluídas no modificiativo de crédito, informando dos avances para garantir que os investimentos aprobados se materialicen.

Comparte esta nova!