Alternativa demanda aclaracións sobre o Centro de Información para a Muller

O servizo que quedou no esquecemento do anterior goberno municipal.

O grupo municipal solicita información sobre os avances dados para a creación dun Centro de Información á Muller (CIM).

O voceiro do grupo, Raúl Varela, achegou á cuestión ao goberno na sesión plenaria de onte.

As veciñas de Cambre poderían recibir servizos de asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación ou promoción da participación da muller

A alcaldesa contestou o seu visto bo e comprometeuse a seguir traballando para que o CIM en Cambre sexa unha realidade.

Comparte esta nova!